31 de mar. de 2015

Retómanse os paros laborais e as concentracións contra as presións, o acoso e os despedimentos en Atento

Traballadoras e traballadores da plataforma de Atento na Coruña (que realiza servizos de atención telefónica para Movistar) retomaron este mércores as mobilizacións en rexeitamento á política de presións, acoso, sancións inxustas e despedimentos aplicada pola empresa. O persoal está secundando paros de unha hora por quenda de traballo e concentracións diante das oficinas de Atento na rúa Juan Flórez.

Ningún comentario: