31/03/2015

O PP impón un estado policial coa aprobación das reformas da Lei de Seguridade Cidadá e do Código Penal

A CIG denuncia o estado policial que o Goberno español presidido polo Partido Popular vén de impor para limitar e reprimir dereitos fundamentais como o de expresión, manifestación e reunión, entre outros, coa aprobación da reforma do Código Penal e da Lei de Seguridade Cidadá. A central sindical entende que o obxectivo destas leis, que nos retrotraen ao franquismo, é coutar, criminalizar e penalizar a resposta social ás políticas de recortes de dereitos laborais, sociais e civís do PP.

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/27-3-2015/o-pp-impon-un-estado-policial-coa-aprobacion-das-reformas-da-lei-de-seguridade-cidad

Ningún comentario: