18 de feb. de 2015

BASES DE PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS


O 19 de xaneiro publicouse no DOG a convocatoria do Instituto Galego da Vivenda e Solo as bases do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento de alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración urbanas 2013-2016.
Resumo das bases:
OBXECTO: Estas axudas ao alugamento de vivendas teñen por obxecto facilitar o acceso e a permanencia  nunha vivenda en réxime de aluguer a persoas físicas con escasos medios económicos,  mediante a concesión de subvencións para afrontar os custos do alugueiro.
REQUISITOS: As persoas beneficiarias deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de Arrendamentos Urbanos, en calidade de arrendatario.
b) Que a vivenda arrendada ou a arrendar constitúa, ou vaia a constituír, a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria.
c) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia que teñan, ou vaian ter, o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de arrendamento, sexan en conxunto inferiores a 3 veces o IPREM.
d) Que a renda do contrato de arrendamento non supere os seguintes límites;
-600€ para as vivendas situadas nos concellos de área territorial de Prezo Máximo Superior: A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Pontevedra.
-500€ para as vivendas situadas na zona territorial 1 (concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa)
-400€para as vivendas situadas no resto de concellos, zona territorial 2.
No suposto de que a unidade de convivencia necesitara unha vivenda de maiores dimensións, por ter a condición de familia numerosa ou unha vivenda adaptada por ter un membro con discapacidade, a renda máxima da vivenda poderá acadar os 600 euros mensuais, no caso de estar nun concello da zona territorial 1, e os 500 euros no caso de estar nun concello da zona territorial 2.
CONTÍA DAS AXUDAS:O seu importe será do 40% da renda anual que se deba satisfacer polo aluguer da vivenda habitual e permanente, cun límite máximo anual de 2.400 euros por vivenda, o que supón unha axuda mensual máxima de 200 euros. As axudas concederanse por un prazo de doce meses, prorrogables a solicitude da persoa interesada, ata a data de finalización do Plan.
PROCEDEMENTO:O procedemento de concesión será en réxime de concorrencia competitiva, o que supón que tódalas solicitudes serán valoradas aos efectos de seleccionar aos beneficiarios das axudas.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
-PRAZO; Dende o dia 20 de xaneiro de 2015 ata 19 de febreiro de 2015,ambos os dous incluídos.

-FORMA: Conforme modelo anexo I da convocatoria (DOG do 19.01.2015). Tamén dispoñible en sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.es

-LUGAR: Poderá presentarse por vía electrónica ou en soporte papel dirixidas as Area Provinciais do IGVS, onde se sitúe a vivenda alugada.
INCOMPATIBILIDADES:Estas axudas son incompatibles con outras axudas ao alugamento para persoas arrendatarias con escasos recursos económicos que poidan conceder a Xunta de Galicia, as corporacións locais ou calquera outra administración ou entidades públicas e salvo a excepción prevista no artigo 11.5 do Plan estatal 2013-2016.
Estas axudas están xestionadas e financiadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Ministerio de Fomento.
Para a solicitude da axuda deberán presentar correctamente cumplimentado o impreso de solicitude e os anexos I e II. O anexo III presentarano posterioremente os beneficiarios da axuda
Toda a documentación AQUI



Ningún comentario: