Compañeiras, compañeiros:
no DOG do pasado luns,publicouse a ORDE do 30 de decembro de
2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a
concesión da prestación económica de pagamento único
por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas
que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro
de 2015 (nacidos entre o 2.1.2012 e o 1.1.2015, sempre e cando
durante o ano 2013, nin elas nin ningunha das persoas que
compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar (nin
presentasen de xeito voluntario) a declaración polo IRPF.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou
fillo menor de tres anos:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros
Mais información AQUI
Ningún comentario:
Publicar un comentario