07/10/2013

Plan de Axuda Alimentaria Solidaria

Ante a posta en marcha do Plan de Axuda Alimentaria Solidaria, destinado a facilitar alimentos a compañeiros e compañeiras afiliados/as á CIG, en situación de  desemprego e sen recursos, queremos informarvos do seguinte:

O vindeiro martes 22 de outubro en horario de 17:00 a 20:30 horas no salón de actos da CIG (rúa Gregorio Espino, 47), podes colaborar entregando alimentos non perecedeiros. 

O día de referenza para as recollidas será todos os martes.

As solicitudes da afiliación para poder recibir alimentos deben presentarse na respectiva Federación.



Ningún comentario: