23 de set. de 2013

WILLCOMMEN IN BOSCH VIGO: 100% AUSBEUTUNG



BENVIDOS A BOSCH VIGO, 100% EXPLOTACIÓN

A campaña de Jazztel remata, previamente Bosch despediu a persoal alegando baixa produtividade cando xa coñecía que estabamos ante un fin de obra. Agora a Dirección de Bosch chamou a traballadores/as indefinidos de Jazztel para presentarlle unha modificación substancial das condicións de traballo, indicándolles que tiñan que elixir no momento entre aceptar unha novas condicións ou ser despedidos con 20 días por ano traballado.

Curiosamente Bosch no seu escrito de modificación substancial das condicións de traballo inclúe unha “cláusula de rescisión automática”, é dicir que en caso de que non se cumpran uns supostos obxectivos de produtividade o traballador/a causará baixa na empresa sen dereito a indemnización.
 
Ante esta situación, que sen dúbida pode reproducirse noutros Departamentos recomendamos:

  • Ante calquera chamada da empresa solicita a presenza dun delegado/a da CIG (ollo, chama ti aos delegados/as, en casos anteriores a empresa chamou a outro sindicato que deu información errónea). 
  • Asina recibi non conforme e queda con copia. 
  • Si te presentan unha modificación substancial das condicións laborais non hai obriga de decidir no momento. Debe ser notificada cun mínimo de 15 días e tes 20 días para recorrer a decisión xudicialmente. 
  • Asina recibi non conforme si queres recorrer legalmente. 
  • Si non aceptas a modificación resolverase o contrato coa indemnización de 20 días por ano traballado prevista no ET. Ollo podes non aceptar o día 15 dende a comunicación inicial da empresa. 
  • No caso de que demandes e aínda que o xuíz lle dera a razón á empresa, poderías optar nese momento pola rescisión con 20 días por ano prevista no ET.

Pero mais ala destas recomendacións temos que parar a Bosch para evitar que impoña esta cláusula ou outras parecidas co fin de despedir gratuitamente.

Nos vindeiros días comunicaremos as datas das primeiras mobilizacións que forman parte dun calendario que ira de menos a máis.

Ningún comentario: