14 de mar. de 2012

Acórdanse 700 despedimentos, 5.000 suspensións de contratos e un duro recorte salarial en novagalicia Banco

O novo ERE presentado en novagalicia banco prevé a a suspensión de contrato e reducións de xornadas rotatorias para o 75% do cadro de persoal, preto de 5.000 persoas, a criterio da dirección. O preacordo inclúe 700 baixas, co que as medidas en materia de emprego afectan a 5.700 persoas. CIG-Banca denuncia que se chegou a este acordo entre CCOO, UGT e CSICA, con “nocturnidade e alevosía”, o pasado día 8, mentres a federación se mobilizaba en defensa dun compañeiro despedido en Paderne.

Xunto a isto, prevese un recorte retributivo que non virá só a través das suspensións de contratos, tamén se recortan salarios e o plan de pensións. Segundo explica Clodomiro Montero, secretario nacional de CIG-Banca, na última reunión a dirección xa dixo que o recorte salarial proposto era o máximo por escala e que os 25.000 euros primeiros quedaban exentos. “Con todo, o recorte súmase á conxelación e perda salarial do convenio”.

Ningún comentario: