27 de feb. de 2012

Impacto da Reforma laboral, da negociación colectiva e a Xurisdición social no telemárketing

O Decretazo aprobado o 11 de febreiro polo Goberno do Partido Popular non é só unha reforma laboral, racha do modelo de relacións laborais que coñecemos ata o momento. Con carácter xeral as decisión laborais que afectaban aos traballadores/as debían ser negociadas coa representación sindical, debían ser xustificadas as necesidades e en cando se traba de despedimentos e modificacións das condicións laborais debían contar con autorización previa das administracións públicas.

Neste comunicado centrarémonos exclusivamente naquelas medidas que entendemos terán maior impacto no sector, malia que hai máis:

• Elimina a negociación colectiva, dende o momento que permite que o empresario poda decidir modificar unilateralmente e de xeito individual as condicións laborais (salario, xornada, mobilidade, etc.), empeorando o Convenio. A aplicación das condicións dos convenios xa non é obrigatoria.

• Os convenios de empresa poderán empeorar os convenios sectoriais.. Veremos como as empresas nos chantaxearan: “o negociamos un Convenio en la empresa bajando los salarios o la campaña se irá para la empresa de al lado que los tiene mas bajos y oferta condiciones mas baratas al cliente”.

• Unha vez vencido un convenio, será prorrogado 2 anos; a partir de aí aplicaranse as condicións básicas do ET e o salario mínimo interprofesional.

• Caer enfermo xa era motivo de despedimento, pero agora poderán despedir independentemente do absentismo global da empresa e cunha indemnización de 20 días por ano traballado cun máximo de 12 mensualidades.

• Amplíanse as causas dos ERE e elimínase a autorización administrativa.

• Os contratos de aprendizaxe poderán utilizarse ata os 33 anos, cun salario de 480 €/mes. A empresa terá axudas públicas, deducións fiscais e á Seguridade Social.

• Permítense as horas extras nos contratos a tempo parcial. 

• Abarátase o despedimento con carácter xeral a 20 días por ano traballado, cun máximo de 12 mensualidades. O despedimento con 45 abarátase a 33 días, estas indemnizacións son cando un xuíz o considera improcedente (que a empresa non tiña razón); neste caso ademais elimínanse os salarios de tramitación (os que debían cobrarse dende o despedimento ata a sentenza) agás cando o empresario decida a readmisión.

Estamos ante unha ruptura do contrato social. O Goberno aprobou medidas agresivas e extremas contra a clase traballadora no seu conxunto, que no sector de telemárketing terán gravísimas repercusións facilitando unha explotación miserable dos traballadores e traballadoras.


É por iso que convocamos unha MANIFESTACIÓN o 10 de MARZO e FOLGA XERAL O 29 DE MARZO

Ningún comentario: