Delegados e delegadas da CIG-Banca, do Banco Pastor e de Nova Galicia Banco, concentrábanse esta mañá diante do Parlamento para exixir da Xunta de Galiza que se implique nas solucións a dar ás entidades financeiras galegas, por mor dos problemas xerados tras do anuncio de de Guindos de reformar o sistema financeiro e tras aprobarse a reforma laboral. “Están en xogo, non só estas entidades, senón o noso propio sistema financeiro”, explica Clodomiro Montero, quen engade que “este conflito non é dunha empresa en particular. É consecuencia de decisións políticas que afectan a todos os traballadores/as e a todos os sectores. Por iso, a resposta ten que ser a folga xeral”
Ningún comentario:
Publicar un comentario