18 de out. de 2010

A CIG apoia os paros do día 21 de outubro polo noso convenio

O pasado venres desprazámonos a Madrid para a reunión da mesa negociadora do Convenio de telemárketing, para a nosa sorpresa a patronal anunciou que non seguiría negociando debido a convocatoria de paro e folga realizada pola CGT.


Xa antes do verano a CIG propuxo nos distintos Comités de Empresa das empresas de telemárketing en Galiza a posible convocatoria conxunta de protestas ante a falta de avances na negociación do Convenio. Entendendo que as mobilizacións deberían contar co máximo apoio posible. Non o fixemos público dado que non buscábamos protagonismo, queríamos que as mobilizacións foran conxuntas.

Así mesmo somos partidarios de que as mobilizacións sexan explicadas con carácter previo aos traballadores e traballadoras convocando as respectivas asembleas, algo que non se deu neste caso concreto.

Somos partidarios polo tanto das mobilizacións, pero a convocatoria das mesmas de xeito unilateral e sen tempo para explicarllo aos protagonistas das mesmas non nos parecía o camiño correcto, ata o pasado venres.

Agora ben, a actuación prepotente da patronal merece unha resposta, xa que está paralizando a negociación a espera da anunciada reforma da negociación colectiva que se está negociando en Madrid entre CEOE, CCOO e UGT, pero que o goberno xa anunciou fará por decreto si non hai acordo como xa fixo coa reforma laboral que nos levou a folga xeral do 29 de setembro.

A reforma da negociación colectiva forma parte do paquete de medidas antisociais e de recortes, a patronal CEOE pretende incluso que os convenios perdan o carácter normativo e que sexan de aplicación só naquelas empresas que queiran aplicalo, convertendo os Convenios en papel mollado.

Neste senso o retraso premeditado da negociación, buscando escusas a todas horas merecen unha resposta, é por iso que a día de hoxe temos decidido apoiar os paros convocados para o día 21 de outubro de 12:00 a 13:00 pola mañá e de 18:00 a 19:00 pola tarde no sector de telemárketing.

Ningún comentario: