Nove meses (36 semanas) despois de que rematase a vixencia do Convenio abordamos na mesa “negociadora” a ordenación do tempo de traballo e seguimos dándolle voltas sen intención de avanzar en nada. Pensamos que as propostas da patronal falan por si soas, así que pasamos a expoñervos o anunciado polas empresas de Telemárketing e as nosas propostas:
Cómputo Xornada:
Proposta ACCE
|
Proposta CIG
|
Eliminar referencia á xornada semanal (poderían asignarnos os horarios de xeito flexible, unha semana traballas 30 horas, a seguinte 10, etc.).
Computar a xornada irregular en cómputo anual (o mesmo). E aplicar tamén a xornada irregular para os contratos a tempo parcial a 30 horas. |
Reparto do tempo de traballo para crear emprego, establecendo a xornada semanal de 35 horas.
Xornada irregular: máximo de 7 días seguidos con 2 días de descanso ininterrompido. |
Tempo Descanso durante a xornada (independente das pausas PVD):
Proposta ACCE
|
Proposta CIG
|
Reducir a 15 minutos. |
Dada a carga mental do traballo que desenvolvemos propoñemos:
De 4 a 6 horas de traballo, 20 minutos.
De 6 a 8 horas, 35 minutos.
Máis de 8 horas, 50 minutos. |
Libranza fin de semana ao mes:
Proposta ACCE
|
Proposta CIG
|
Manter os 2 actuais.
|
Incrementar a 3 fines de semana libres ao mes.
|
Quendas:
Proposta ACCE
|
Proposta CIG
|
Ampliar a quenda de mañá de 6 a 17, e a de tarde das 14 á 1 da mañá.
Con horario partido, a xornada poderá finalizar ás 21 horas, e o tempo entre a xornada de mañá e a de tarde poda ser maior de 2 horas.
Suprimir negociación colectiva para a ampliación das bandas horarias. | 60% do persoal de cada campaña en quenda continua. |
Vacacións:
Proposta ACCE
|
Proposta CIG
|
Como están.
|
Contemplar a sentenza do Tribunal Supremo que establece o dereito as vacacións non disfrutadas por IT.
|
Permisos retribuídos:
Proposta ACCE | Proposta CIG |
As 35 horas para ir ao médico serán proporcionais á xornada contratada e á duración do contrato. |
Solicitamos os seguintes permisos:
Aumentar as horas de asistencia ao médico, tanto se é da Seguridade Social como non, a 80 horas anuais e incluír dentro destas as de acompañamento ao médico a menores de 14 anos e ascendentes maiores de 65 anos.
Aumento de todos os permisos ata o 3º grao de parentesco.
Equiparar o permiso de días libres por matrimonio a parellas de feito.
Incluír un novo permiso de 3 días de libre disposición. |
E despois disto rematou a reunión, marcando unha nova para o 15 de outubro. Perdemos o tempo falando do tempo (de traballo, iso si).
Ningún comentario:
Publicar un comentario