Hoxe tivo lugar unha nova reunión da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo. Pasamos a relatarvos as distintas cuestións faladas, as nosas reivindicacións e a contestación da patronal a cada unha delas.
Malia as sentenzas ao noso favor a patronal non quere pagar
Malia as sentenzas ao noso favor a patronal non quere pagar
Dado que as sentenzas do Tribunal Supremo noutros sectores recoñecen que o IPC previsto no ano 2009 era o 2%, pedimos ás empresas de telemárketing que paguen dunha vez, pero a patronal di que agardarán ata que o TS conteste ao seu recurso.
Contratación: Máis temporalidade e poder despedir aos indefinidos.
CIG: defendemos que o contrato tipo debe ser indefinido, deixando os temporais para a casuística concreta como no resto de sectores (cobertura de baixas, novas campañas de reducida duración, etc).
Os traballadores e traballadoras non podemos caer na trampa de defender unha porcentaxe de indefinidos, o excepcional non deben ser os indefinidos, deben ser os temporais. Todos os postos de traballo deben ser fixos, deixando a temporalidade para os casos previstos na lei.
Apostamos por prohibir as ETT no sector, incorporando ao actual persoal ás empresas.
E queremos que se elimine o artigo 17 para que calquera despedimento colectivo conte coas garantías mínimas recollidas na lei con carácter xeral. O telemárketing non pode ser unha excepción na que se lles faciliten os despedimentos masivos. Así mesmo, consideramos imprescindible a subrogación en todos os casos.
Patronal: Defenden ampliar a 1 ano os contratos eventuais, e poder aplicar ao persoal indefinido o artigo 17, é dicir, poder despedir de xeito colectivo saltándose as garantías legais que implican os ERE (expedientes de regulación de emprego).
Carreira Profesional: A actual favorece ás empresas e non queren cambiala.
CIG: defendemos que incluamos un novo catálogo de postos que redefina as funcións e que se recollan dúas novas categorías:
Teleoperador/a de primeira: aos 2 anos de prestar servizo como teleoperador/a especialista, cun incremento salarial do 4%.
Xestor/a de primeira: aos 2 anos de prestar servizo como xestor/a, cun incremento salarial do 4%.
Ademais, pedimos que desapareza a Comisión de Carreira Profesional constituída pola patronal, CCOO e UGT, por non ser operativa.
Patronal: contestou que ata que non saiba a suba salarial definitiva do Convenio, non vai a entrar en negociación sobre cuestións que impliquen incremento de custes. Así mesmo queren manter a actual Comisión (claro a eles vaille ben).
Ningún comentario:
Publicar un comentario