Non é a primeira vez que Bosch sanciona a un compañeiro ou compañeira alegando falta de puntualidade; agora o Xulgado do Social acaba de declarar improcedente unha sanción a un afiliado da CIG, debido a que tal e como di a sentenza “non existe na empresa un sistema que determine as horas de entrada e saída”.
Dende a CIG sempre defendemos que o control horario debe realizarse na entrada do centro do traballo tal e como establece a lexislación, mentres a empresa pretende que o control sexa no teléfono.
Todos e todas sabemos que dende a chegada á empresa, ata que unha persoa está conectada no teléfono, poden pasar varios minutos por distintos motivos: que haxa aglomeracións na entrada, que teñamos que agardar ata que quede libre un ordenador, que a nosa coordinadora decida onde nos sentamos, etc.
Ante esta situación moitas persoas optan por chegar antes de tempo co fin de non ser sancionadas, facendo máis horas das que deben por culpa dunha mala organización da empresa.
Despois desta sentenza, que anula a suspensión de emprego e soldo por chegar tarde, entendemos que Bosch debe establecer un sistema de control horario na entrada do centro de traballo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario