O Estatuto dos Traballadores/as, establece que a efectos do cómputo de horas extras, a xornada rexistrarase día a día e totalizarase mensualmente, entregando resumo ao traballador/a no recibo correspondente.
O ano pasado, debido a unha mala organización das quendas e ao non disfrute dos festivos (tal e como requiriu a Inspección de Traballo), houbo moitas persoas que superaron as 1.764 horas anuais (para os contratos de 39 horas).
O exceso de horas traballadas teñen a consideración de horas extras que deben retribuírse conforme ao artigo 51 do Convenio:
a) Horas extraordinarias diúrnas: entre as 6 e as 22 horas, abonaranse cun incremento do 25% sobre as horas ordinarias.
b) Horas extras nocturnas: entre as 6 e as 22 horas, incremento do 60% sobre as ordinarias.
c) Horas extras diúrnas festivas: entre as 6 e as 22 horas, incremento do 60% sobre as ordinarias.
d) Horas extras nocturnas en festivo: entre as 22 e as 6 horas, incremento do 80% da hora tipo ordinaria.
Como vedes a retribución das horas extras sempre ten un incremento sobre as horas ordinarias.
Pero o convenio di que en caso de pacto individual cada hora extra poderá compensarse cunha hora de libranza. A empresa está chamando individualmente a xente, quen acepte perderá o dereito ás recargas establecidas arriba.
Quede claro que as persoas que fixestes un exceso de xornada tedes dereito a que vos paguen as horas coa recarga correspondente, se o preferides en lugar da libranza.
Por último recomendar que anotedes día a día, e mes a mes, as horas que facedes, para poder comprobar a final de ano o exceso de xornada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario