Bosch negou ante os medios de comunicación o anunciado ao Comité de Empresa, que habería despedimentos masivos. Pero mentres ante a prensa nega os despedimentos, nunha nota interna que está colgado nos taboleiros na empresa o xefe de persoal defende os despidos. Podes ver a nota aquí, na que Bosch recoñece que se trata de despedimentos para evitar darlle vacacións ao persoal.
Onte mesmo tivo lugar unha reunión de RRHH co Comité de Empresa, dando así resposta a solicitude da CIG. Nesta reunión a empresa non comunicou o número total dos despedimentos, nin facilitou documentación que demostre a baixada do volume de traballo.
Segundo os nosos datos o pasado venres foron despedidas 32 persoas que se suman as anteriores, polo que o número total de despedidos neste mes podería chegar aos 50, polo de agora e que nos coñezamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario