Hoxe, 2 de abril, tivemos a primeira reunión da Comisión de Seguimento
do ERTE, xa que se produciron novidades nas causas que o motivaron.
A
empresa comunicounos que se incrementaron os requirimentos do cliente
IBERDROLA, e teñen o compromiso de manter 50 axentes traballando, o que
provocou que comezaran chamar axentes que estaban dentro do persoal
afectado polo ERTE para a súa reincorporación, 24 na quenda de tarde e 8
na quenda da mañá (procedían de Cold Calling de Orange).
Tamén na
campaña de REPSOL desafectaron a 37 persoas (xa non foron ao desemprego)
e reincorporaron hoxe a 7 persoas máis en teletraballo.
Coa previsión de que poidan seguir producíndose máis chamamentos, deixamos aquí as condicións polas que se rexen:
-A empresa vai incorporando axentes seguindo un criterio de produtividade.
-A reincorporación é voluntaria (mentres non se dea por finalizado o ERTE).
-Se che ofrecen cambio de quenda con respecto á que tiñas de orixe,
podes aceptalo ou non. Se non o aceptas, só debes enviar un correo a
RRHH indicándoo, e chamarán á persoa seguinte. Se o aceptas, ese cambio
só será ata que remate o ERTE, volvendo á quenda de orixe nese momento.
Se tedes algunha dúbida sobre este proceso, ou sobre a chamada que vos
fagan, contactade con nós neste correo cigbosch@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario