Dende o Comité de Empresa de Bosch estamos mantendo reunións con grupos políticos e coa administración para que presionen para manter a campaña de Vodafone en Vigo.
É de suma importacia a súa implicación na defensa e mantemento dos postos de traballo en Vigo fronte a deslocalización.
Hoxe mantivemos unha xuntanza con representantes do grupo parlamentario do BNG, formación que reclamará á Xunta a súa implicación da Xunta para minimizar os efectos e non permitir esta posición prepotente da empresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario