Se falamos do permiso de paternidade retribuído e xestionado na Seguridade Social (artigo 48.7 do E.T.), desde o 5/07/2018, a suspensión do contrato será de 5 semanas ininterrompidas (agás a última que poderá gozarse dentro dos 9 meses seguintes) en caso de nacemento, adopción ou acollemento; ampliábeis no caso de partos múltiples en 2 días máis por cada fillo/a a partir da/do 2°, para todos os proxenitores, con independencia de que o nacemento, adopción ou acollemento teña lugar nunha familia numerosa, ou cando a familia adquira a devandita condición por este feito, cando na familia haxa unha persoa con discapacidade, ou nos caso de nacementos de crianzas con menos de 1,5 quilos. A este permiso sumariámoslle 2 días (4 se ten que desprazarse) polo nacemento do fillo ou filla tal e como recolle o E.T. (nalgúns convenios este permiso é incluso de 7 días) que corren a cargo da empresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario